Sports India   SUBMIT


  close
Interested in buying this domain?
«Pílulas críticas arredor da COVID-19» é un proxecto de Axóuxere Editora que pretende poñer en atención a situación disruptiva ocasionada pola emerxencia da crise biosanitaria producida polo coronavirus, crise que sacudiu o mundo enteiro no 2020, provocando toda unha serie de variadas reaccións epidemiolóxicas, sociolóxicas, éticas, políticas, económicas, etc. que merecen ser pensadas na súa complexidade, de xeito non simplista, tentando estar á altura dun momento coma o actual no que tantas liñas se conxugan nun só punto de forza e tensión. Asistimos a un intre único na configuración da realidade humana e na definición do xeito en que encararemos, nos vindeiros tempos, as vidas e os faceres, pois é obvio que deste momento se derivarán articulacións políticas outras ou se consolidarán as previas, xurdirán tamén formas de subxectivación que talvez abran novos marcos de interpretación do real e mesmo a cristalización da dinámica capitalista tomará outros vieiros ou despregará os que anteriormente contiña no seu seo, entre outras cuestións que é importante tentar observar pois están a acontecer neste mesmo instante. Para pensar esta situación fixemos un chamado a varias persoas de eidos distintos, xente do eido da filosofía, do dereito, da política, da literatura, do xornalismo, entre outros campos. Preguntámoslles acerca da súa perspectiva con relación ao que está a ocorrer e ao que pode desencadearse a partir de agora. Tentamos con este feixe de vídeos introducir, xa que logo, pílulas críticas na conciencia de quen teña o gusto de deixar que entren na súa mente. Así pois, con estes materiais intentamos ofrecer unha boa dose de pensamento para unha época que se ben non é distópica, na verdade si é atópica. Raquel Ferrández (Ferrol, 1990), licencida en Filosofía pola USC, Experta Universitaria en Linguas e Culturas da India e de Irán pola Universidade de Salamanca, e Máster en Filosofía Teórica e Práctica pola UNED, é actualmente doutoranda nesta última universidade como investigadora sobre filosofía india. Foi gañadora do XVII Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes pola obra «Godot nunca lo dijo» (Editorial Torremozas, 2016), publicado co sobrenome de Kali Ferrández, e ten colaborado en obras diversas de filosofía perenne e en publicacións científicas con artigos sobre filosofía india e continental.